> Actualidade

10/03/2015 16:25

> ÁBRESE O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA UN CURSO DE INGLÉS BÁSICO

O Concello de Outeiro de Rei, a través da aula municipal de formación, oferta un curso de inglés básico dirixido a calquera persoa interesada que teña algún pequeno coñecemento nesta lingua.

Este curso, continuidade do impartido en 2014, terá lugar no Centro Cultural de Outeiro de Rei os martes en horario de 10:00 h a 12:15 h, do 31/03/2015 ao 30/06/2015.

As persoas interesadas poden realizar a inscrición na Casa da Cultura de Outeiro de Rei en horario de mañá; o prazo de solicitude permanecerá aberto ata o día 26 e a cota a pagar é de 20 €.


Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .