> Actualidade

05/03/2015 11:04

> CHARLA INFORMATIVA PARA ESTUDANTES DA ESO E DE BACHARELATO

A oficina municipal de información xuvenil de Outeiro de Rei organiza en colaboración coa Consellería de Traballo e Benestar unha charla informativa sobre as oferta de ensinanzas de FP (modalidades, materias, ciclos formativos, etc.), acceso á universidade e titulacións en Galicia.
Esta charla está orientada a rapaces e rapazas da ESO e de BACHARELATO e terá lugar o vindeiro 31 de marzo de 12:00 a 13:30 h no salón de actos da Casa da Cultura.
Para asistir é preciso inscribirse; o prazo estará aberto do 10 ao 24 de marzo, podendo anotarse telefonicamente no 982 393 408 ou nas oficinas da Casa da Cultura en horario de 10:00 a 14:30 h.

Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .