> Actualidade

03/03/2015 10:54

> O CONCELLO DE OUTEIRO DE REI ORGANIZA UNHA CHARLA SOBRE SAÚDE PARA CELEBRAR O 8 DE MARZO

Con motivo do DIA INTERNACIONAL DA MULLER, o Concello de Outeiro de Rei organiza unha charla que será impartida por Mario Alberto Rivas Carro, Ldo. en Psicoloxía e Enfermeiro Educador no Sergas.
A charla titulada Control do estres e da ansiedade. Técnicas de relaxación terá lugar o domingo 8 de marzo ás 17:30 h no Salón de Actos da Casa da Cultura nun acto aberto á participación de calquera persoa que desexe asistir.
Entre outros aspectos incidirase na importancia de identificar os sinais de estres emitidos polo noso organismo, a adquisición de destrezas de autocontrol e a importancia de desenvolver hábitos de vida positivos e saudables.

Ao remate da mesma, terá lugar a tradicional degustación de doces caseiros.

Informar tamén que aínda hai prazas dispoñibles nas seguintes actividades:

DE FEIRA Á FEIRA MEDIEVAL DE MONFORTE DE LEMOS
Esta saída está prevista para o domingo 5 de abril. As persoas que asistan poderán visitar a feira medieval e moverse libremente por Monforte. Esta prevista a visita opcional ao Centro do Viño da Ribeira Sacra (o prezo da entrada individual é de 2,50 € pero se hai un grupo de 10 persoas ou máis redúcese a 2 €). Esta saída completarase coa visita ao Pazo de Tor fixada para as 16:30 h.

COSTURA BÁSICA E CREATIVA
Actividade impartida por Rosa Mª Vila, veciña de Outeiro de Rei que leva toda a súa vida profesional dedicada á costura. As posibilidades deste taller son amplías e dependen do grado de coñecemento de cada participante e das iniciativas que cada unha teña. Dende o amaño ou reciclaxe de roupa á realización de proxectos como poden ser coxíns, bolsas con diferentes usos, monecas, e un longuísimo etc.

Pódese acadar máis información ou realizar as inscricións na Casa da Cultura de Outeiro de Rei ou no tfno.: 982 393 408.



Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .