> Actualidade

09/02/2015 11:16

> ÁBRESE O PRAZO DE INSCRICIÓN EN INFORMÁTICA E NUN TALLER DE MEMORIA, AMBAS ACTIVIDADES INCLUÍDAS NA PROGRAMACIÓN PARA PERSOAS MAIORES


O Concello de Outeiro de Rei , dentro da programación de ACTIVIDADES PARA  PERSOAS MAIORES 2014/2015,  abre o prazo de inscrición  para os seguintes cursos:

  • Internet e correo electrónico, esta actividade dará comezo o día 2 de marzo e durará ata o 6 de abril en horario de 16:00 a  17:30 h, de luns a xoves, no Centro Cultural .
  • Taller de memoria que durará do 5 ao 26 de marzo e será impartido  os xoves en horario de 17:30 a 19:00 h no Centro Cultural.

A inscrición en ambas actividades é gratuíta e as 15 prazas ofertadas en cada curso  cubriranse  por rigorosa orde de  anotación. Como requisitos para poder acceder as mesmas é necesario estar empadroado en Outeiro de Rei, ser maior de 60 anos e estar xubilado ou  ser pensionista; igualmente poderán acceder as persoas con 65 ou máis anos independentemente de que estean xubiladas ou non.
A inscrición pode realizarse do 9 ao 28 de febreiro  na Casa da Cultura , de luns a venres, en horario de 10:00 a   14:30 h.



« Volver
Presentación | Descrición | Historia | Turismo | Servizos municipais | Novas | Axenda | Ocio | Empresas | Vivenda | Teléfonos | Buzón | Emprego | Listas | Inicio
Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .