> Actualidade

09/02/2015 11:48

> QUERES DEIXAR DE FUMAR? TERAPIA DE DESHABITUACIÓN TABÁQUICA 2015

O Servizo de prevención de drogodependencias da agrupación de concellos de Begonte, Guitiriz, Outeiro de Rei, Rábade e Xermade informa da próxima edición da Terapia de Deshabituación Tabáquica 2015 destinada a toda a veciñanza dos concellos agrupados que desexen abandonar a adición ó tabaco.
O Programa de deshabituación tabáquica, completamente gratuíto, desenvolverase nos meses de marzo e abril nunha sesión semanal durante 7 semanas consecutivas, nas que os participantes aprenderán a vivir sen tabaco có apoio profesional da psicóloga   Rosa Marina Zas Castro, da AECC.
O lugar e hora de desenvolvemento do programa fixarase en función das persoas  interesadas en cada concello. As inscricións recolleranse nos concellos da agrupación. Para máis información: www.prevenciondedrogas.es ou prevenciondrogas@rabade.org.

Descargar folleto



« Volver
Presentación | Descrición | Historia | Turismo | Servizos municipais | Novas | Axenda | Ocio | Empresas | Vivenda | Teléfonos | Buzón | Emprego | Listas | Inicio
Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .