> Actualidade

30/01/2015 13:00

> O PRÓXIMO VENRES TERÁ LUGAR A PRESENTACIÓN DAS ACTIVIDADES DE PROMOCIÓN DA MULLER 2015

O próximo venres, día 6 de febreiro, o salón de actos da Casa da Cultura de Outeiro de Rei acollerá a presentación do Programa de Actividades de Promoción da Muller 2015 nun acto presidido polo alcalde do municipio, D. José Pardo Lombao.

A partir das 17:00 h as persoas que desexen asistir a este acto coñecerán a nova programación que o Concello de Outeiro de Rei prevé realizar ao longo do ano e poderán inscribirse ese mesmo día nas actividades previstas para o primeiro semestre; lembrar que aínda que a programación vai destinada ás mulleres, como en anos anteriores algunha das actividades previstas estará aberta tamén á participación dos homes.

As inscricións realizaranse por orde de solicitude e o prazo permanecerá aberto ata o día 24 de febreiro.


« Volver
Presentación | Descrición | Historia | Turismo | Servizos municipais | Novas | Axenda | Ocio | Empresas | Vivenda | Teléfonos | Buzón | Emprego | Listas | Inicio
Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .