> Actualidade

27/01/2015 09:00

> FESTA DE ENTROIDO EN OUTEIRO DE REI

Con motivo da FESTA DE ENTROIDO 2015, o Concello de Outeiro de Rei organiza por décimo sétimo ano  un CONCURSO DE DISFRACES.
A cita terá lugar  baixo carpa cuberta situada  na Praza da Vila o día 15 de febreiro (domingo de entroido) a partir das 17:00 h;   o evento estará amenizado polo Trío D´NIKA.

Xa están á disposición de todas as persoas interesadas  as bases do concurso na páxina web do Concello dentro do apartado taboleiro de edictos; o prazo para anotarse permanecerá aberto do 9 ao 13 de febreiro na Casa da Cultura en horario de 10:00 h a 14:30 h  ou ben o mesmo día do concurso en horario  de 17:00 h.  a 18:00 h.

Os 1840 € de premios repártense da seguinte forma:                                


COMPARSA

1º PREMIO:     400 Euros

2º PREMIO:     300 Euros

 

3º PREMIO:     200 Euros

PARELLAS

1º PREMIO:     200 Euros

2º PREMIO:     120 Euros

INDIVIDUAL

1º PREMIO:     150 Euros

2º PREMIO:     100 Euros

INFANTIL

1º PREMIO:     120 Euros

2º PREMIO:       60 Euros

Este ano haberá ademais  tres premios especiais que son :
Premio especial do xurado para as comparsas infantís de Outeiro de Rei  de 100 €;  para poder participar nesta categoría o 90% dos compoñentes  da comparsa debe estar empadroado neste concello e ser menores de 15 anos.
E dous premios especiais  a maiores,  por un importe de 60 € e 30 € cada un , para  o resto de categorías se  o xurado o considera necesario.

• DESCARGAR CARTEL

• DESCARGAR FOLLAS DE INSCRICIÓN




« Volver
Presentación | Descrición | Historia | Turismo | Servizos municipais | Novas | Axenda | Ocio | Empresas | Vivenda | Teléfonos | Buzón | Emprego | Listas | Inicio
Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .