> Actualidade

29/12/2014 09:00

> FESTA DE REIS EN OUTEIRO DE REI

O Concello de Outeiro de Rei con motivo das datas de Nadal organiza o día 5 de xaneiro a Festa de Reis.
Os actos previstos darán comezo ás 18:00 h coa  actuación do Mago Pablo no Salón de Actos da Casa da Cultura; posteriormente, sobre  as 19:00 h, esta previsto que teña lugar unha merenda na que non faltara o tradicional  roscón de Reis e outras lambetadas, merenda  á que están convidados todos os nenos e  nenas do municipio.
Seguidamente, sobre as 19:45 h  terá lugar no Pavillón do Colexio Público a tradicional Cabalgata de Reis.
Os pais que así o desexen poderán  levar os regalos d@s seus fill@s  á Casa da Cultura ( xunto ao colexio)  a semana do 29  de decembro ao 2 de xaneiro  en horario de oficina; tamén recolleranse o mesmo día durante toda a mañá e de 4 a 7 da tarde. Estes regalos serán entregados polos Reis na mencionada festa.
Pódese recibir máis información na Casa da Cultura de Outeiro de Rei, tfno.: 982 393 408.





















« Volver
Presentación | Descrición | Historia | Turismo | Servizos municipais | Novas | Axenda | Ocio | Empresas | Vivenda | Teléfonos | Buzón | Emprego | Listas | Inicio
Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .