> Actualidade

17/12/2014 08:00

> IX MERCADO SEN CARTOS

Este  venres, día  19 de decembro, en horario de 16:00 a 18:00 h terá lugar no ximnasio do pavillón de deportes municipal  a novena edición do Mercado sen Cartos.

Está iniciativa, promovida un ano máis polo Concello de Outeiro de Rei, pretende concienciar no consumo responsable, na idea de que non todo é mercar se non que hai moitas cousas que están esquecidas nas casas, que non se utilizan pero que poden ter valor para alguén. Unha boa saída para eses obxectos polos que xa non temos interese é  levalos ao mercado onde poderán trocarse por outros que nos interesen máis.

Aínda que é unha iniciativa aberta á participación de toda a poboación,  está pensada sobre todo para que sexan  os rapaces e pequenos, grandes consumidores de bens, os que disfruten dunha tarde divertida e poñan en valor eses obxectos a través do troco. Pódense intercambiar xoguetes, libros, revistas, DVDs, videoxogos... usados pero coa condición de que se atopen en bo estado e xa non teñamos interese por eles. Os obxectos pasarán a ser propiedade das persoas que os intercambien.

Ademais, para completar a tarde, os rapaces poderán realizar  talleres de adornos de Nadal, sal, etc. e recibirán bocatas e refrescos  para merendar.



« Volver
Presentación | Descrición | Historia | Turismo | Servizos municipais | Novas | Axenda | Ocio | Empresas | Vivenda | Teléfonos | Buzón | Emprego | Listas | Inicio
Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .