> Actualidade

25/11/2014 11:00

> DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Un ano máis, o Concello de Outeiro de Rei sumase á conmemoración do Día Internacional de Eliminación da Violencia contra a Muller que ten lugar ao longo desta xornada.

O Concello de Outeiro de Rei lembra a todas as mulleres que morreron de forma violenta, vítimas de violencia , este ano son xa 44.

A todas elas, ás súas familias e amizades, a todas aquelas outras que sofren calquera tipo de maltrato, o noso recordo e apoio incondicional.

Dende estas liñas manifestar a total repulsa a esta  lacra que sacude continuamente á nosa sociedade, unha sociedade da que todas as persoas formamos parte e na que todas as persoas temos a obriga de  implicarnos denunciando e facendo visible calquera situación de risco e de violencia que coñezamos.

A Declaración sobre a Eliminación da Violencia contra a Muller das Nacións Unidas recolle que a violencia de xénero é toda agresión física, psicolóxica ou sexual, incluídas as ameazas, coaccións e a privación de liberdade, tanto si se produce na vida pública como na privada, polo feito de ser muller.

TELÉFONOS DE INTERESE EN MATERIA DE VIOLENCIA DE XÉNERO

Teléfono da muller de Galicia

900 400 273

Atención a vítimas de malos tratos

016

Teléfono de urxencias

112

Traballadora social do Concello
de Outeiro de Rei

982 393 281



Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .