> Actualidade

20/10/2014 13:00

> PRESENTACIÓN DAS ACTIVIDADES DE INVERNO E MAGOSTO EN OUTEIRO DE REI

O venres, día 31 de outubro, terá lugar no salón de actos da Casa da Cultura ás 21:00 h a presentación das actividades de inverno deportivas, culturais, da oficina de información xuvenil e do servizo de prevención do Concello de Outeiro de Rei previstas para a tempada 2014-2015.
A continuación abrirase o prazo de inscrición nas mesmas.

Ao igual que en pasadas edicións, este acto rematará cun magosto acompañado de pinchos variados que terá lugar na pista polideportiva do CEIP Laverde Ruiz ao que están convidados todos os veciños e veciñas do municipio.

Descargar cartel

Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .