> Actualidade

07/10/2014 09:00

> CURSO DE BENESTAR ANIMAL EN OUTEIRO DE REI

O Concello de Outeiro de Rei, en colaboración con Xovenes Agricultores, prevé poñer en marcha un curso de BENESTAR ANIMAL, módulos de explotación e transporte de animais, actividade dirixida a gandeiros e na que tamén poderán participar persoas desempregadas.

Este curso, de 30 h de duración, desenvolverase en Outeiro de Rei do 20 ao 31 de outubro, de luns a venres en horario de 21:00 h a 24:00 h.

O número de prazas que se ofertan é de 15 que serán cubertas por orde de inscrición a partir do mércores día 8, chamando ao 982 393 382 ou realizando a solicitude no Servizo de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Outeiro de Rei.

Para realizar a inscrición é preciso aportar fotocopias do DNI, do cupón do censo agrario do mes de setembro ou da tarxeta de demandante de emprego, segundo proceda.


Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .