> Actualidade

02/09/2014 11:00

> O CONSELLEIRO DE EDUCACIÓN VISITOU OUTEIRO DE REI

Xesús Vázquez Abad realizou onte unha visita  ao Concello de Outeiro de Rei  acompañado  da delegada territorial da Xunta, Raquel Arias; ambos foron recibidos polo alcalde, José Pardo Lombao e a concelleira de cultura, Mª Begoña Seco Varela.
Posteriormente acudiron ao CEIP Laverde Ruíz onde  o conselleiro viu in situ, acompañado tamén pola directora do centro educativo, Ana María Doval e diverso persoal,  o avance das obras  de ampliación e reforma que se están realizando na actualidade e das que de momento se está a executar a primeira fase das mesmas.
Nesta fase, a Consellería financia  a creación dunha aula de infantil con aseo propio ademais dun novo acceso ao porche de entrada ao edificio destinado ao alumnado que utiliza o transporte escolar así como a apertura dunha porta de emerxencia no comedor do colexio e a creación dun patio cuberto de 154 m2.
Paralelamente o Concello de Outeiro de Rei realizará a construción dunha beirarrúa lateral para facilitar o acceso do alumnado ao centro educativo.

















Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .