> Actualidade

14/07/2014 11:00

> ARRANCA UNHA NOVA TEMPADA DA INICIATIVA DOMINGOS DE PRAIA

Os alcaldes de Outeiro de Rei, José Pardo Lombao,  e de Begonte,  José Ulla Rocha, acordaron a posta en marcha conxunta da actividade    DOMINGOS DE PRAIA; esta iniciativafuncionará todos os domingosa partir da última fin de semana de xullo  e durante todo o mes de agosto.
Para tal fin   ponse  á disposición de todas as  persoas empadroadas en ambos concellos un autobús  cos seguintes destinos e horarios:

XULLO

AGOSTO

AGOSTO

AGOSTO

AGOSTO

AGOSTO

Domingo
día 27

Domingo
 día 3

Domingo
 día 10

Domingo
día 17

Domingo
día 24

Domingo
día 31

Praia de Miño
Saída :9:30
Regreso:19:30

Praia de Foz
Saída :9:30
Regreso:19:30

Praia de Santa Cristina
Saída :9:30
Regreso:19:30

Praia de Area Viveiro
Saída :9:30
Regreso:19:30

Praia de Cabanas
Saída :9:30
Regreso:19:30

Praia de Reinante
Saída :9:30
Regreso:19:30

Cada concello disporá de 26 prazas.

As persoas interesadas deberan anotarse    na semana anterior a cada viaxe na Casa da Cultura  en horario de 10:00 h a 14:00 h  aportando os seguintes datos:
Nome, apelidos, DNI, teléfono e dirección e terán que abonar unha cota de 3 € por viaxe.
O autobús fará  o  seguinte  percorrido por Outeiro de Rei:  sairá ás 9:30 h  de  diante do Restaurante Illán (Guillar), parando tamén no Xarano (Robra) e na Praza do Concello (Outeiro de Rei) , e no Concello de Begonte parara en  Saavedra, Begonte e Baamonde .
Ë requisito imprescindible estar anotado para poder asistir.

 

 



Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .