> Actualidade

14/07/2014 12:00

> ESTE XOVES O CONCELLO DE OUTEIRO DE REI ORGANIZA UNHA VISITA A DIFERENTES PUNTOS DO MUNICIPIO

Continuando coa programación prevista para as persoas maiores do municipio, o Concello de Outeiro de Rei pon en marcha unha novidosa iniciativa que baixo o título DESCUBRINDO OUTEIRO DE REI permitirá a veciños e veciñas do municipio visitar diferentes puntos de interese de Outeiro de Rei.
Nesta ocasión, a visita comezará cunha pequena recepción por parte do alcalde, José Pardo Lombao, das persoas participantes na Casa Consistorial onde  percorreran as diferentes dependencias para posteriormente desprazarse aos seguintes lugares:

  • VISITA Á FUNDACIÓN MANUEL MARIA
  • OLERIA DE BONXE
  • COMIDA NO CAMPO DE SANTA ISABEL (sempre que o tempo o permita, se non comerase noutro lugar baixo cuberto)
  • VISITA AO CENTRO DE INTERPRETACIÓN DE  AVIFAUNA

Esta iniciativa é totalmente gratuíta, asumindo o Concello os custos derivados do desprazamento en autocar e as entradas; os participantes soamente deberán  traer a  comida.
Aínda quedan prazas libres polo que as persoas interesadas poden reservar no tfno. da Casa da Cultura 982 393 408, en horario de 10:00 h a 14:00 h.



Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .