> Actualidade

16/06/2014 11:00

> PRESENTADA A VIII FEIRA DA ARTESANÍA DE OUTEIRO DE REI

Hoxe, ás 11:00 h,  tivo lugar no Salón de Plenos do Concello a presentación da oitava edición da FEIRA DA ARTESANÍA DE OUTEIRO DE REI nun acto presidido polo alcalde,  José Pardo Lombao acompañado pola técnica de emprego e desenvolvemento local da entidade e no que estiveron presentes diferentes medios de comunicación.










DATOS SOBRE A FEIRA:

  • TERÁ LUGAR O SÁBADO  05/07/2014, COINCIDINDO COAS FESTAS PATRONAIS NA HONRA A SANTA ISABEL. OS POSTOS ESTARÁN ABERTOS DURANTE TODA A XORNADA  ATA AS 21:00 h.
  • ESTÁ PREVISTA A PARTICIPACIÓN DE APROXIMADAMENTE 100 EXPOSITORES. NA ACTUALIDADE TEÑEN CONFIRMADA ASISTENCIA 69 POSTOS  DE ARTESANÍA E  18  DE ALIMENTACIÓN, TAMÉN HABERÁ UNHA REPRESENTACIÓN DA GALIÑA DE MOS E DA RAZA BOVINA CACHENA. ACTUALMENTE HAI  UNHA IMPORTANTE LISTA DE ESPERA NA SECCIÓN DE ARTESANÍA.

    NA SECCIÓN DE ARTESANÍA   PORANSE Á VENDA PRODUTOS DE CERÁMICA, CESTERÍA, ARTESANÍA DA MADEIRA,GANCHO E CALCETA, XOIARÍA, COIRO, INSTRUMENTOS DE MÚSICA TRADICIONAL,  TRAXES REXIONAIS, FERRO, ARTESANÍA TÉXTIL,  XABÓNS NATURAIS, XOGOS DE ENXEÑO, BIXUTERÍA, ESMALTES, CANTARÍA, MACRAMÉ, BOLILLOS, MANUALIDADES, ANTIGÜIDADES, ETC. PARALELAMENTE, NA SECCIÓN DE ALIMENTACIÓN OFERTARANSE MEL, PRODUTOS DE PANADERÍA,  EMBUTIDOS, MARMELOS,  QUEIXOS, DOCES, ACEITE ,  CEREIXAS, VIÑOS E LICORES, …TAMÉN ESTÁ PREVISTA A PRESENZA DE DOUS POSTOS REPRESENTANDO AOS CONSELLOS REGULADORES DO GRELO DE GALICIA E DA FABA DE LOURENZÁ.

  • AO LONGO DA XORNADA HABERÁ DEMOSTRACIÓNS EN VIVO DE OFICIOS TRADICIONAIS: AS CATRO OLARÍAS DE TRADICIÓN DE GALICIA (BUÑO, SOBER, NIÑODAGUIA E BONXE) ESTARÁN PRESENTES NESTA OITAVA EDICIÓN DA FEIRA ADEMAIS  DUN FERREIRO, UN LUTHIER,  VARIOS CESTEIROS, UN TECELÁN…
  • PARALELAMENTE,  A PARTIR DAS 12:00 h,  ESTÁN PREVISTOS VARIOS OBRADOIROS  DIRIXIDOS A NEN@S E RAPACES/ZAS PERO SEN ESQUECER ÁS PERSOAS MAIORES:

    • UN DE BARRO, QUE  SE SITUARÁ NAS INMEDIACIÓNS DOS OLEIROS E QUE SERÁ  GUIADO POR ELES MESMOS
    • NO CAMPO DE SANTA ISABEL, HABERÁ UN OBRADOIRO DE MAQUILLAXE DE FANTASÍA, OUTRO DE ELABORACIÓN DE MARIONETAS,  OUTRO DE PINTURA DESTINADO Á REALIZACIÓN DUN GRAN MURAL, MURAL QUE LOGO SERÁ UTILIZADO NA ESCENIFICACIÓN DUN TEATRILLO, DIVERSOS XOGOS UTILIZANDO UN PARACAÍDAS  E O TRADICIONAL OBRADOIRO  DE XOGOS POPULARES; TAMÉN AT0PAREMOS ALGÚN XOGO TRADICIONAL NA RÚA MANUEL MARÍA. ESTAS ACTIVIDADES ESTÁN NA SÚA MAIOR PARTE DIRIXIDAS A UN PÚBLICO INFANTIL CON IDADES COMPRENDIDAS ENTRE OS 5 E OS  12 ANOS.
    • TAMÉN NO CAMPO DE SANTA ISABEL , HABERÁ POR SEGUNDO ANO UNHA TIROLESA.
  • PARA ESE DÍA ESTÁN PREVISTAS TAMÉN VARIAS ACTUACIÓNS. ASÍ ÁS 12:45 h ACTUARÁ DIANTE DA CASA CONSISTORIAL A BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA; ÁS 13:30 h  SERÁ A QUENDA PARA A ACTUACIÓN DO GRUPO DE GAITAS DA ASOCIACIÓN CULTURAL PENAS DE RODAS QUE REALIZARÁ TAMÉN UN PASACALLE   ÁS 12:00 h DURANTE A INAUGURACIÓN DA FEIRA E QUE A PARTIRES DAS 18:00 h ANIMARÁ COA SÚA MÚSICA AS  RÚAS DO CENTRO, A RÚA MANUEL MARÍA E O CAMPO DE SANTA ISABEL.
  • A PARTIR DAS 13:00 h NO CAMPO DE SANTA ISABEL, NAS  INMEDIACIÓNS DO CIRCUÍTO DEPORTIVO,   ESTÁ PREVISTA UNHA DEMOSTRACIÓN DE TRABALLOS FORESTAIS CON MOTOSERRA A CARGO  DA EMPRESA ENTREFOR SC QUE REALIZARÁ PEQUENAS FIGURAS E BANCOS UTILIZANDO ESTA FERRAMENTA, FIGURAS QUE SERÁN REPARTIDAS ENTRE O PÚBLICO ASISTENTE. TAMÉN REALIZARÁ CHARLAS EXPLICATIVAS SOBRE A SEGURIDADE NOS TRABALLOS FORESTAIS.
  • IGUALMENTE, A PARTIR DAS 13:00 h, NO CAMPO DE SANTA ISABEL TERÁ LUGAR UNHA CONCENTRACIÓN DE COCHES DA ASOCIACIÓN LUCENSE DE AUTOMÓVILES ANTIGÜOS Y CLÁSICOSE DO CLUB 600 DE LUGO.
  • COMO NAS PASADAS EDICIÓNS,  HABERÁ A POSIBILIDADE  DE XANTAR A PARTIR DAS 13:30 h  NA FERMOSA CARBALLEIRA DO CAMPO DE SANTA ISABEL BEN BAIXO CARPA OU NO PROPIO CAMPO.
  • ÁS 17:30 h SAIRÁ UN BUS TURÍSTICO DAS PROXIMIDADES DA CASA CONSISTORIAL QUE VISITARÁ O  CAMPO DA FEIRA E AS PENAS DE RODAS EN GAIOSO, A IGREXA DE FRANCOS,  O SALTO DO PIAGO NA  PARROQUIA DE ROBRA. O PERCORRIDO FINALIZARÁ COA VISITA Á CASA-MUSEO MANUEL-MARÍA. AS PRAZAS SON  LIMITADAS  POLO QUE PARA PARTICIPAR NESTA ACTIVIDADE GRATUÍTA É NECESARIO INSCRIBIRSE PREVIAMENTE NA MESMA O DÍA DA FEIRA NA CASETA DO CONCELLO INSTALADA NAS INMEDIACIÓNS DA CASA CONSISTORIAL.
  • ÁS 18:45 h, NAS INMEDIACIÓNS DA CAPELA DE SANTA ISABEL E DURANTE UNHA HORA APROXIMADAMENTE  HABERÁ UNHA EXHIBICIÓN CANINA DE AGILITY, CANICROSS E TRUCOS CANINOS, A CARGO  DO CLUB DE AGILITY ACADE.
  • AO IGUAL QUE NA PASADA EDICIÓN REALIZARASE UN SORTEO DE  5 VALES DE 100 € CADA UN DELES PARA CONSUMIR EN ESTABLECEMENTOS DE OUTEIRO DE REI.

    CADA ESTABLECEMENTO ADMITIDO POLA ORGANIZACIÓN DA FEIRA TERÁ 40 RIFAS QUE REPARTIRÁ ENTRE OS SEUS CLIENTES.
    ESTE SORTEO É UNHA INICIATIVA MÁIS, DENTRO DO AMPLO PROGRAMA DE EVENTOS QUE CONTEMPLA A CELEBRACIÓN DESTA FEIRA, COA QUE SE PRETENDE ANIMAR Á XENTE A QUE VEÑA A COÑECER ESTE EVENTO PREMIANDO A REALIZACIÓN DE COMPRAS EN CALQUERA POSTO E APOIANDO PARALELAMENTE O COMERCIO E ÁS EMPRESAS LOCAIS. 
    O SORTEO TERÁ LUGAR ÁS 20:15 h   NA CASETA DO CONCELLO SITUADA NAS PROXIMIDADES DA CASA CONSISTORIAL. PÓDENSE CONSULTAR AS BASES EN www.outeiroderei.org

  • NA ZONA DOS OLEIROS HABERÁ A DISTRIBUCIÓN GRATUÍTA, ATA ESGOTAR EXISTENCIAS, DUN PRATO REALIZADO NA OLARÍA DE BONXE  CONMEMORATIVO DA FEIRA E QUE PORÁ SER RECOLLIDO NA ZONA DOS OLEIROS.
  • O PECHE DA FEIRA TERÁ LUGAR ÁS 21:00 h DANDO PASO POLA NOITE ÁS ACTUACIÓNS PREVISTAS CON MOTIVO DAS FESTAS DE SANTA ISABEL.
  • ESTE EVENTO ORGANIZADO POLO CONCELLO DE OUTEIRO DE REI  TEN NA ACTUALIDADE CONCEDIDAS AXUDAS DA  FUNDACIÓN CENTRO GALEGO DA ARTESANÍA E DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO.
  • CON ESTA FEIRA DE ARTESANÍA  QUE CUMPRE OITO ANOS DE VIDA, BUSCASE IMPULSAR E DAR A COÑECER O TRABALLO DO SECTOR ARTESANAL PERMITINDO PARALELAMENTE PROMOCIONAR A ARTESANÍA LOCAL E A DINAMIZACIÓN ECONÓMICA E TURÍSTICA DO MUNICIPIO.

    DENDE ESTAS LIÑAS, O CONCELLO DE OUTEIRO DE REI ANIMA AO PÚBLICO EN XERAL A VIR A UNHA FEIRA ONDE  PODERÁN ATOPAR GRAN VARIEDADE DE PRODUTOS DE  ALTA CALIDADE, TANTO POLAS MATERIAS PRIMAS UTILIZADAS COMO POLA MANUFACTURA, PRODUTOS EXCLUSIVOS E QUE NON SE PODEN MERCAR NORMALMENTE  NOS COMERCIOS HABITUAIS ADEMAIS DE PODER GOZAR DUN DÍA DE VERÁN REPLETO DE POSIBILIDADES PARA O TEMPO DE LECER.




« Volver
Presentación | Descrición | Historia | Turismo | Servizos municipais | Novas | Axenda | Ocio | Empresas | Vivenda | Teléfonos | Buzón | Emprego | Listas | Inicio
Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .