> Actualidade

20/05/2014 16:00

> OUTEIRO DE REI VISITA ESTA FIN DE SEMANA A MILAGROSA

Un ano máis o Concello de Outeiro de Rei visitará a Milagrosa coincidindo coa celebración da Feira de Artesanía e Produtos do Campo que anualmente celebra este barrio lucense.

Do 23 ao 25 de maio as persoas que se acheguen ata a caseta municipal instalada na praza Agro do Rolo poderán recibir información sobre a oferta existente en Outeiro de Rei referida a ocio, hostalería, artesanía, paraxes naturais, turismo rural… Moitos son os atractivos que o municipio de Outeiro de Rei pon á disposición de calquera persoa que desexe visitalo.
Ademais poderán participar no sorteo de tres comidas en establecementos do municipio, sorteo co que se pretende promocionar a importante oferta hostaleira deste municipio .


« Volver
Presentación | Descrición | Historia | Turismo | Servizos municipais | Novas | Axenda | Ocio | Empresas | Vivenda | Teléfonos | Buzón | Emprego | Listas | Inicio
Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .