> Actualidade

02/05/2014 08:00

> O CONCELLO DE OUTEIRO DE REI ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NA OITAVA EDICIÓN DA FEIRA DE ARTESANÍA

O Concello de Outeiro de Rei organiza unha nova edición da feira de artesanía que este ano terá lugar o sábado 5 de xullo.

Como é habitual, , na feira haberá dúas seccións: unha de artesanía e outra dedicada aos produtos de alimentación de calidade.

As persoas que desexen participar como expositores poden solicitalo no Servizo de Emprego e Desenvolvemento Local a partir do día 5 de maio ou nos teléfonos 982 393 382/ 982 393 281, en horario de 9:00 a 14:00 h.



O  Concello de Outeiro de Rei ofrece aos expositores  admitidos que non veñan co seu propio posto un espazo cuberto para expoñer (en jaimas ou similar e sen custo ).

Este importante evento para Outeiro de Rei  sirve para apoiar á produción artesanal local, ao comercio e á hostalería municipal, dando a coñecer ademais os recursos e atractivos turísticos deste municipio. Esta iniciativa ábrese tamén  á participación doutros artesáns de Galicia e de fóra da CCAA  e a expositores de produtos de alimentación de calidade; todos eles precisan deste tipo de eventos para darse a coñecer e comercializar os seus produtos. De feito, o importante escaparate de produtos que se poden atopar nesta feira, permite as persoas que veñen visitala mercar produtos que moitas veces son difíciles de obter no seu  entorno cotiá.

Na pasada edición o número total de postos foi de 99 dos cales 79 estiveron encadrados na sección de artesanía.



Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .