> Actualidade

25/04/2014 08:00

> PRÓXIMA APERTURA DO PRAZO DE SOLICITUDE PARA PARTICIPAR NOS CAMPAMENTOS URBANOS

O Concello de Outeiro de Rei abre o prazo de preinscrición  para os CAMPAMENTOS URBÁNS que se realizaran  do 30 de xuño  ao 4 de xullo  para @s nen@s de 4 a 7 anos  e  do 7 ao 11 de xullo para @s nen@s de 8 a 12 anos.

Nesta edición ofértanse un total de 25 prazas  por campamento, prazas que se cubrirán  por rigorosa orde de inscrición (terán preferencia os nen@s empadroados no concello e @s alumn@s do Colexio Laverde Ruiz con respecto aos de fóra).

O prazo para anotarse permanecera aberto dende o 5  ao 31 de maio ou ata cubrir prazas.

Os campamentos, que contarán cunha ampla oferta de actividades  como  piragüismo, praia, xogos, visita ao parque acuático de  Cerceda, etc.,  teñen un  custo de  40 €/persoa  que deberá aboarse no momento de facer a reserva e sempre antes de rematar o prazo de inscrición. Poden reservarse as prazas nas oficinas municipais da Casa da Cultura de 9:00 a 14:30 h ou chamando ao 982 39 34 08.      

















Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .