> Actualidade

25/04/2014 08:00

> FIN DE SEMANA MULTIAVENTURA EN VIVEIRO

A Oficina de Información Xuvenil do Concello de Outeiro de Rei abre o prazo de preinscrición para participar na FIN DE SEMANA MULTIVAVENTURA que se celebrará en VIVEIRO do 27 ao 29 de xuño para os rapaces de 1º a 4º da ESO.

As 25 prazas que se ofertan para esta actividade cubriranse por rigorosa orde de solicitude e terán preferencia para acceder a esta iniciativa os rapaces e rapazas empadroados no concello de Outeiro de Rei con respecto aos de fóra.

O prazo de inscrición permanecerá aberto dende o día 5 ao día 31 de maio ou ata cubrir prazas.

Esta fin de semana multiaventura ( na que farán kaiac, tirolina, paintball, tiro con arco etc. e quedarán a durmir a última noite) ten un custe de 50 €/persoa que deberán aboarse no momento de facer a reserva e sempre antes de rematar o prazo de inscrición .

Poden reservarse as prazas ou recibir máis información nas oficinas municipais da Casa da Cultura en horario de 9:00 h a 14:30 h. ou chamando ao 982 39 34 08.

DESCARGAR CARTEL
















Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .