> Actualidade

11/03/2014 17:00

> VECIÑ@S DE OUTEIRO DE REI PODERÁN VISITAR AVIFAUNA EN CONDICIÓNS VANTAXOSAS

O pasado 28 de febreiro o Concello de Outeiro de Rei asinou un convenio de colaboración co Centro de Interpretación de AVIFAUNA, localizado na parroquia de Vicinte.

A través deste convenio, os nenos e nenas do municipio de ata 9 anos de idade terán acceso gratuíto ás instalacións do parque en horario de atención ao público. Paralelamente, @s veciñ@s de idade superior poderán acceder ao parque cun desconto no prezo da entrada do 50%.
Para que poidan ser de aplicación estes beneficios deberán acreditar a súa residencia en Outeiro de Rei (exhibindo certificado de empadroamento, DNI, permiso de residencia ou pasaporte en vigor).



Ademais, as excursións organizadas dende o Concello de Outeiro de Rei ou polo CEIP Laverde Ruiz serán gratuítas.

As persoas que visiten o parque zoolóxico de AVIFAUNA poderán contemplar in situ unha grande variedade de aves. Ademais, este centro dispón dunha importante variedade de paneis informativos que son un importante apoio documental durante o transcurso da visita permitindo facer un amplo percorrido pola avifauna dos principias hábitats da nosa comunidade ademais de proporcionar información sobre o estado de conservación das especies, mecanismos existentes para a conservación da biodiversidade e outra información de interese relacionada co mundo das aves.

O convenio estará en vigor ata rematar o ano 2015.

Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .