> Actualidade

10/03/2014 17:00

> OFERTA DE CURSOS PARA AUTÓNOMOS E DEMANDANTES DE EMPREGO

O Concello de Outeiro de Rei informa que se abre un prazo de solicitude ata o día 24/03/2014 para realizar a inscrición nos seguintes cursos dirixidos a traballadores autónomos e a persoas desempregadas:

CURSO

DURACIÓN

MODALIDADE

REDES SOCIAIS, UN NOVO PODER PARA O SEU NEGOCIO

60 h

MIXTA

FACTURACIÓN ELECTRÓNICA

45 h

PRESENCIAL

COMERCIO EXTERIOR

20 h

PRESENCIAL

CONTROL E PREVENCIÓN DA LEXIONELA E LEXIONELOSE

30 h

PRESENCIAL

PHOTOSHOP

65 h

TELEFORMACIÓN

COMERCIO ELECTRÓNICO

80 h

TELEFORMACIÓN

NOVAS TECNOLOXÍAS APLICADAS Á XESTIÓN DE RRHH

96 h

TELEFORMACIÓN

VENDA ON-LINE

30 h

TELEFORMACIÓN

SELECCIÓN E AVALIACIÓN DE PROVEEDORES

20 h

TELEFORMACIÓN

MANIPULADOR DE ALIMENTOS

10 h

TELEFORMACIÓN

REALIZACIÓN DE TITORÍAS E-LEARNING

60 h

TELEFORMACIÓN

Estes cursos son gratuítos e serán impartidos pola Fundación AFIES e subvencionados polo Ministerio de Traballo e Inmigración.

O Concello de Outeiro de Rei, sempre que exista demanda suficiente, realizará as xestións precisas para poder realizar no municipio a formación demandada.

No caso dos cursos presenciais é requisito imprescindible ter un grupo mínimo de 15 alumn@s composto por un 60% de autónomos e un 40% de persoas desempregadas.

Cada alumn@ poderá solicitar ata 2 cursos sempre que non se superen 90 h de formación.

Pódese obter máis información no 982 393 281 ou no Servizo de Emprego e Desenvolvemento Local deste concello.



Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .