> Actualidade

07/03/2014 13:00

> RESULTADO DO CONCURSO DE ENTROIDO CELEBRADO EN OUTEIRO DE REI

O pasado domingo 2 de marzo numerosas persoas acudiron ao concurso de disfraces que organiza o Concello de Outeiro de Rei dende fai 16 anos; aínda que este ano o tempo non acompañou, foron moitas as persoas que desafiando o frío e a choiva se apuntaron a esta tradicional festa do entroido.

Por unhas horas, os marcianos e os zombis de thriller tomaron as rúas de Outeiro de Rei e nenos e maiores disfrutaron dunha tarde carnavaleira bailando na praza da vila ao son do trío Areal.

Os gañadores por categorías, que se repartiron un total de 1810 euros en premios, foron:

COMPARSAS:

1º PREMIO DE 400 € LOS MARCIANITOS RICACHÁ

2º PREMIO DE 300 € NUNCA VEN UNHA SOA

3º PREMIO DE 200 € O MOUCHO PEPE E AS CORUXAS

PREMIO ESPECIAL DO XURADO DE 30 € VIVAN OS NOIVOS


PREMIO ESPECIAL COMPARSA INFANTIL DE OUTEIRO DE REI DE 100 € OS ZOMBIS DE THRILLER

PARELLAS

1º PREMIO DE 200 € AS ESPIGADAS

2º PREMIO DE 150 € NOVIAS DE LA MUERTE



INDIVIDUAL

1º PREMIO DE 150 € RECUERDO DE GALICIA

2º PREMIO DE 100 € ABRA MAGO AZUCARADO

INFANTIL

1º PREMIO DE 120 € LA FLOR DE MI JARDÍN

2º PREMIO DE 60 € GUERRERO












Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .