> Actualidade

20/02/2014 16:00

> ACTÍVATE II Obradoiro de habilidades sociais dirixido a alumnado de 5º e 6º de Primaria

O Servizo de Prevención da agrupación de concellos de Outeiro de Rei, Begonte, Guitiriz, Rábade e Xermade organiza para marzo unha actividade socioeducativa de carácter lúdico. Mediante dinámicas grupais, proxección de filmes, lectura de artigos ou análise da nosa propia realidade abordaremos temas tan importantes como a autoestima, a empatía, a comunicación, a posta en valor das diferenzas individuais como fortaleza grupal...

O desenvolvemento da actividade está programada para os xoves de marzo (6, 13, 20, 27), de 14:00 a 15:00 h. no Salón de Actos da Casa da Cultura de Outeiro de Rei.
Para a participación neste obradoiro será necesario entregar cuberta a folla de inscrición do alumno/a participante á titora antes do 27 de febreiro de 2014.

En caso de dúbidas contacten co Servizo de Prevención a través de prevenciondrogas@rabade.org ou os xoves de 9:00 a 15:00 h no teléfono 982.393.281.

Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .