> Actualidade

13/02/2014 11:00

> ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR UN CURSO PREPARATORIO DO NIVEL CELGA 3.

O Concello de Outeiro de Rei quere recoller a demanda que existe no municipio para a realización dun CURSO PREPARATORIO DO NIVEL CELGA 3 (nivel equivalente ao nivel acadado polas persoas que rematan a ESO).

Sempre que exista demandan suficiente (un mínimo de 20 solicitudes) o Concello solicitará á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a realización no municipio deste curso polo que as persoas interesadas en realizar esta formación poden facer a súa preinscrición chamando en horario de mañá ao tfno.: 982 393 281 ou acudindo directamente ao Concello. O prazo de solicitude estará aberto ata o venres día 21 de febreiro.

Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .