> Actualidade

07/02/2014 09:00

> O CONCELLO ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN NAS ACTIVIDADES DE PROMOCIÓN DA MULLER PREVISTAS PARA O PRIMEIRO SEMESTRE DESTE ANO

Hoxe tivo lugar a presentación das Actividades de Promoción da Muller 2014 nun acto presidido polo alcalde, José Pardo Lombao, acompañado da concelleira de Servizos Sociais, Mª José Martínez Vigo e persoal técnico do Concello de Outeiro de Rei.

A 14ª edición desta tradicional programación oferta a través de 7 actividades un total de 145 prazas; tamén hai outras actividades, entre elas a iniciativa Percorrendo Outeiro de Rei ou a celebración do Día da Muller Traballadora, que son iniciativas abertas ao público en xeral polo que a participación prevista é maior.



Finalizada a presentación abriuse o prazo de inscrición ata o día 21 de febreiro para as seguintes actividades:

- DE FEIRA Á FEIRA DO BUTELO DA FONSAGRADA

- TALLERES DE BUSCA DE EMPREGO

- INFORMÁTICA BÁSICA (Internet,correo electrónico e redes sociais)

- OBRADOIRO DE ELABORACIÓN DE PAN (pan caseiro e de diferentes variedades, bollería básica)

Os talleres de busca de emprego e o curso de informática básica están abertos á participación dos homes; o resto de actividades citadas van dirixidas ás mulleres aínda que se rematado o prazo de inscrición quedan prazas libres, estas poderán ser cubertas por homes. Igualmente, durante a presentación informouse que este ano, coincidindo co Día Internacional da Muller o profesor José Ramón Meilán impartira a charla titulada Actividade física e saúde.

Pódese acadar máis información ou realizar as inscricións na Casa da Cultura de Outeiro de Rei ou no tfno.: 982 393 408.

Descarga o folleto



Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .