> Actualidade

07/02/2014 14:00

> FESTA DE ENTROIDO 2014

Con motivo da FESTA DE ENTROIDO 2014, o Concello de Outeiro de Rei organiza por XVI ano consecutivo un CONCURSO DE DISFRACES.

A cita terá lugar o día 2 de MARZO (domingo de entroido) a partir das 17:00 h na Praza da Vila, baixo carpa cuberta e amenizado polo Trio Areal.

Xa están á disposición de todas as persoas interesadas as bases do concurso así como as follas de inscrición e información sobre o mesmo na páxina web do Concello.

O prazo para anotarse permanecerá aberto do 17 ao 28 de febreiro na Casa da Cultura en horario de 10:00 h a 14:30 h ou ben o mesmo día do concurso de 17:00 h a 18:00 h.


Os 1840 € de premios repartense da seguinte forma:

COMPARSA

1º PREMIO: 400 Euros
2º PREMIO: 300 Euros
3º PREMIO: 200 Euros

PARELLAS

1º PREMIO: 200 Euros
2º PREMIO: 120 Euros

INDIVIDUAL

1º PREMIO: 150 Euros
2º PREMIO: 100 Euros

INFANTIL

1º PREMIO: 120 Euros
2º PREMIO: 60 Euros


Este ano contase ademais con tres premios especiais que son : Premio especial do xurado para as comparsas infantís de Outeiro de Rei de 100 €; para poder participar nesta categoría o 90% dos compoñentes da comparsa debe estar empadroado no Concello de Outeiro de Rei e ser menores de 15 anos.

E dous premios especiais a maiores por un importe de 60 € e 30 € cada un , para o resto de categorías se o xurado o considera necesario.

DESCARGAR CARTEL

DESCARGAR FORMULARIO DE INSCRICIÓN



« Volver
Presentación | Descrición | Historia | Turismo | Servizos municipais | Novas | Axenda | Ocio | Empresas | Vivenda | Teléfonos | Buzón | Emprego | Listas | Inicio
Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .