> Actualidade

03/02/2014 09:00

> BEATRIZ MATO REALIZOU UNHA VISITA AO OBRADOIRO DE EMPREGO SANTA ISABEL II

A conselleira de Traballo e Benestar estivo hoxe nas inmediacións da gardería municipal de Outeiro de Rei onde comprobou in situ algúns dos traballos que se están a realizar polos alumnos-traballadores do obradoiro de emprego Santa Isabel II.
Nesta visita estivo acompañada polo alcalde de Outeiro de Rei, a delegada territorial da Xunta de Galicia en Lugo e os alcaldes dos municipios que forman parte deste obradoiro de emprego: Abadín, Castro de Rei e Cospeito.
Este obradoiro permite aos 22 alumnos que forman parte do mesmo acadar una formación teórico-práctica moi importante que se materializa na realización de diferentes actuacións, entre elas: a mellora e acondicionamento de zonas verdes, prazas e beirarrúas, a construción dun campo de fútbol ou a rehabilitación de varias escolas unitarias. Estas actuacións lévanse a cabo nos diferentes concellos que forman parte do obradoiro.





















Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .