> Actualidade

31/01/2014 14:00

> O PRÓXIMO VENRES TERÁ LUGAR A PRESENTACIÓN DAS ACTIVIDADES DE PROMOCIÓN DA MULLER 2014

O venres día 7 de febreiro, o salón de actos da Casa da Cultura acollerá ás 17:00 h o acto de presentación das actividades programadas polo Concello de Outeiro de Rei para as mulleres do municipio; esta programación está aberta tamén á participación dos homes en varias das actividades previstas.

Este acto estará presidido polo alcalde, José Pardo Lombao, que responderá ás persoas que asistan sobre preguntas ou suxestións non soamente acerca das actividades que o Concello organiza senón sobre calquera tema de interese municipal que lles interese ou preocupe.

Despois, aquelas persoas que así o desexen poderán inscribirse nas actividades previstas para o primeiro semestre do ano e que coma sempre serán cubertas por orde de solicitude e tendo en conta que o día da presentación soamente se poderá anotar a alguén que non asista á mesma se quedan prazas dispoñibles na actividade solicitada.

O prazo de inscrición nas referidas actividades permanecerá aberto ata o día 21 de febreiro.

Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .