> Actualidade

19/12/2013 09:00

> FESTA DE REIS EN OUTEIRO DE REI

O Concello de Outeiro de Rei organiza o día 5 de xaneiro no Pavillón do Colexio Público Laverde Ruiz a FESTA DE REIS coa que se quere manter viva a ilusión dos máis pequen@s nun día tan especial.

A festa dará comezo ás 18:00 h coa actuación no salón de actos da Casa da Cultura do mago MANUEL LAMAS e o humorista DIEGO LÓPEZ e ao remate destas actuacións, sobre as 19:00 h, haberá a tradicional merenda con roscóns de Reis, gominolas, turróns e outras lambetadas.

Posteriormente, sobre as 19:45 h terá lugar a Cabalgata de Reis que chegarán ao pavillón do colexio, onde repartirán caramelos e regalos* .

*NOTA: Os pais/nais que así o desexen poderán levar os regalos dos seus fillos á Casa da Cultura (xunto ao Colexio) os días 2 e 3 en horario de oficina e o mesmo día da festa durante toda a tarde, regalos que serán entregados polos Reis na mencionada festa.

« Volver
Presentación | Descrición | Historia | Turismo | Servizos municipais | Novas | Axenda | Ocio | Empresas | Vivenda | Teléfonos | Buzón | Emprego | Listas | Inicio
Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .