> Actualidade

17/12/2013 09:00

> VIII MERCADO SEN CARTOS

O venres 20 de decembro en horario de 16:00 a 18:30 h terá lugar no Centro Cultural a oitava edición do Mercado sen Cartos.

Está iniciativa, promovida polo Concello de Outeiro de Rei, vai gañando adeptos ano a ano pois os rapaces implícanse fácilmente na mesma aínda que é moi necesaria a contribución dos pais e das nais. Son eles os que deben concienciar aos seus fillos e fillas no consumo responsable, na idea de que non todo é mercar se non que hai moitas cousas que están esquecidas nas casas, que non se utilizan pero que poden ter valor para alguén (moitas delas terminan en moitos casos nos contedores).

Ademais, a ANPA do CEIP Laverde Ruíz realizara despois un taller de adornos de Nadal e tamén unha clasificación dos alimentos e xoguetes entregados polos rapaces no colexio para repartir posteriormente entre as familias necesitadas do municipio.

« Volver
Presentación | Descrición | Historia | Turismo | Servizos municipais | Novas | Axenda | Ocio | Empresas | Vivenda | Teléfonos | Buzón | Emprego | Listas | Inicio
Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .