> Actualidade

07/11/2013 11:00

> ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA O CURSO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS NO MANEXO DE MAQUINARIA AGRÍCOLA

O Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral realizará en Outeiro de Rei un curso de PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS NO MANEXO DE MAQUINARIA AGRÍCOLA. Manexo práctico do tractor e os seus apeiros.

Esta acción formativa é gratuíta e está dirixida principalmente a traballadores do sector primario, pero tamén poden participar na mesma demandantes de emprego e calquera persoa interesada; o obxectivo que se persegue e o de proporcionar unha formación específica coa finalidade de fomentar a adquisición de habilidades e unha cultura preventiva que permita diminuír os accidentes laborais.

O programa do curso contempla os seguintes contidos:

- Conceptos básicos sobre seguridade e saúde no traballo. A lei de prevención de riscos laborais.

-Seguridade nos traballos agrícolas com máquinas agrícolas automotrices e remolques. Tractor, motocultor, tractocarro. Requisitos legais. O ROMA.

- Medidas de protección e prevención que se deben adoptar no manexo de apeiros.

- Seguridade viaria no manexo de máquinas automotrices por estradas e camiños agrícolas.

- Primeiros auxilios.

- Práctica de campo. Manexo de maquinaria agrícola e mantemento,dispositivos de seguridade, enganche de apeiros.

O curso terá unha duración total de 18 h e está previsto que se celebre do 18 ao 22 de novembro en horario de 10:15 h a 14:00 h. O número de prazas que se ofertan é 15.

As persoas interesadas poden recibir máis información ou realizar a súa inscrición no tfno.: 981 591 012 ou no propio Concello de Outeiro de Rei. O prazo de inscrición estará aberto ata o 14/11/2013.



Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .