> Actualidade

21/10/2013 17:00

> HOXE INICIOU A SÚA ACTIVIDADE O OBRADOIRO DE EMPREGO SANTA ISABEL II

Hoxe empezou o Obradoiro de Emprego Santa Isabel II promovido polo Concello de Outeiro de Rei e no que participan tamén os Concellos de Abadín, Castro de Rei e Cospeito.
Este primeiro día todo o persoal do obradoiro foi convocado para acudir ao Concello de Outeiro de Rei onde foron recibidos polo alcalde que xunto ao persoal técnico do obradoiro explicaron as normas de funcionamento e os obxectivos que se perseguen co mesmo. Os alumnos traballadores recibiron ao longo desta xornada formación sobre prevención de riscos laborais.
Este obradoiro conta con unha subvención da Consellería de Traballo e Benestar por importe de 195435,24 € e empregara a un total de 29 persoas entre alumnos traballadores (22), monitores(4) , administrador(1) , director(1) e un monitor de competencias clave.



















Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .