> Actualidade

15/10/2013 17:00

> O CONCELLO DE OUTEIRO DE REI PRESENTA AS ACTIVIDADES DE INVERNO

O venres día 25 deste mes, terá lugar a presentación das actividades de inverno culturais, deportivas, da oficina de información xuvenil e do servizo de prevención de drogodependencias, actividades organizadas polo Concello de Outeiro de Rei para a temporada 2013/2014.

Este acto estará presidido polo alcalde, José Pardo Lombao e terá lugar a partir das 21:00 h no Salón de Actos da Casa da Cultura de Outeiro de Rei.


A partir da presentación abrirase o prazo de inscrición nas diferentes actividades, prazo que permanecerá aberto ata o día 10 de novembro.

Posteriormente, terá lugar como en anos anteriores o tradicional magosto na pista polideportiva do centro educativo Laverde Ruíz, no que haberá tamén pinchos variados e ao que están convidados todos os veciños e veciñas que desexen asistir.




Descarga o cartel do Magosto 2013



Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .