> Actualidade

12/09/2013 16:00

> O ALCALDE INFORMA AOS VECIÑOS SOBRE AXUDAS DA XUNTA DE GALICIA DESTINADAS A DAR COBERTURA DE BANDA ANCHA E DE TDT

O martes tivo lugar no Salón de Plenos do Concello de Outeiro de Rei unha reunión informativa sobre as axudas convocadas por AGADER destinadas ao acceso a Internet de banda larga vía satélite.

O alcalde, José Pardo Lombao, informou de que estas axudas destinadas a particulares e a empresas que residan en zonas nas que non é posible despregar redes cableadas e carentes de Internet de polo menos 2 Mbps mediante outra tecnoloxía, sufragan os custos de instalación e do equipamento preciso para distribuír o sinal de banda larga no interior das vivendas. A persoa beneficiaria terá que asumir o compromiso de manter o novo contrato de conexión a Internet por un período mínimo de 12 meses.

A efectos de tramitar esta axuda é preciso contactar con calquera das 4 empresas colaboradoras da Xunta de Galicia encargadas da tramitación e xestión destas axudas, podéndose ampliar información no enderezo http://agader.xunta.es/Axudas_Agader.do, Resolución do 29 de abril de 2013. As solicitudes son atendidas por orde de entrada e o prazo desta convocatoria finaliza o 30/09/2013.

Igualmente tratou o tema das axudas para a adquisición de equipamentos para a recepción da TDT a través de satélite nas zonas sen cobertura.

A través desta convocatoria promovida por Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pódese obter unha axuda para sufragar os gastos derivados da adquisición de equipamento para o acceso á televisión dixital terrestre vía satélite en vivendas ou edificación localizadas en zonas sen cobertura.

A contía desta axuda acadará ata o 100% ata un máximo de 300 €, IVE incluído e sufráganse os gastos destinados á adquisición de equipamento (unha antena parabólica de recepción cos seus complementos, cableado para unha toma de usuario e un receptor de TDT por satélite).

Esta axuda debe tramitarse a través de empresas instaladoras recoñecidas pola Xunta de Galicia e o prazo de solicitude para esta anualidade remata o 30/09/2013.

Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .