> Actualidade

09/09/2013 16:00

> CELEBRADA UNHA NOVA EDICIÓN DE PERCORRENDO OUTEIRO DE REI

Este pasado venres tivo lugar una nova edición da iniciativa Percorrendo Outeiro de Rei que cada ano permite ás persoas participantes coñecer un pouco máis o municipio a través da práctica de pequenas andainas nas que se combinan o goce da natureza coa visita a elementos patrimoniais existentes no percorrido.

Esta convocatoria reuníu a un total de 22 persoas que guiadas por Serafín Vázquez Arias, concelleiro da Corporación municipal do Concello de Outeiro de Rei ata hai pouco máis de 6 meses e persoa moi vinculada a esta iniciativa dende o seu nacemento, realizaron un percorrido entre O Piago e Gondai, último tramo da ruta de sendeirismo Camiño do Miño.

Este tramo, de gran beleza paisaxística, discorre integramente pola beira do río Miño.

A xornada rematou coa visita á Casa de Gondai onde o grupo foi recibido por Eduardo Menéndez que falou sobre as orixes desta casa solariega ensinando diferentes espazos desta fermosa propiedade.

Esta iniciativa promovida polo Concello de Outeiro de Rei lévase a cabo o primeiro venres do mes de setembro dende o ano 2004.



« Volver
Presentación | Descrición | Historia | Turismo | Servizos municipais | Novas | Axenda | Ocio | Empresas | Vivenda | Teléfonos | Buzón | Emprego | Listas | Inicio
Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .