> Actualidade

31/07/2013 12:00

> ESTE DOMINGO TERÁ LUGAR A ROMAXE PENAS DE RODAS

Este domingo día 4  de agosto terá lugar no ezpazo natural de Penas de Rodas  a XXXIII Romaxe de Penas de Rodas que ano tras ano organiza a Asociación Cultural  Penas de Rodas.
A instancia desta entidade difundimos o programa previsto para ese día:

PROGRAMA DOMINGO 4

12:00 h            Actuación da ESCOLA DE GAITAS PENAS DE RODAS
12:45 h            Pregón a cargo do arqueólogo e historiador FELIPE SENÉN
13:00 h            MISA CAMPESTRE
13:30 h            Actuación da Asociación Cultural AIRIÑOS DE ORBAZAI (LUGO)
14:00 h            XANTAR ENXEBRE

Ademais haberá XOGOS POPULARES para nenos, actuación da Asociación Cultural AIRIÑOS DE ORBAZAI (LUGO)  “GRUPO CANTOS DE TABERNA”, actuación da Escola de TEATRO  e  da Escola de GAITAS  de PENAS DE RODAS.

Rematará a festa cunha QUEIMADA para todos os socios e simpatizantes animada por MÚSICA DA TERRA “NUEVA HISTORIA”.

Coma sempre haberá posibilidade de mercar PAN, EMPANADAS, POLBO  e haberá SERVIZO DE BAR.



VER CARTEL

Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .