> Actualidade

26/04/2013 11:00

> O CONCELLO DE OUTEIRO DE REI ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NA 7ª EDICIÓN DA FEIRA DE ARTESANÍA

O Concello de Outeiro de Rei organiza unha nova edición da feira de artesanía que este ano terá lugar o sábado 6 de xullo.

Ao igual que nas pasadas edicións, na feira haberá dúas seccións: unha de artesanía e outra dedicada aos produtos de alimentación de calidade.

As persoas que desexen participar como expositores poden solicitalo no Servizo de Emprego e Desenvolvemento Local a partir do día 2 de maio ou nos teléfonos 982 393 382/ 982 393 281, en horario de 9:00 a 14:30 h.

O Concello de Outeiro de Rei ofrece aos expositores admitidos que non veñan co seu propio posto un espazo cuberto para expoñer (en jaimas ou similar e sen custo ).

Este importante evento para Outeiro de Rei sirve para apoiar á produción artesanal local, o comercio e a hostalería municipal, dando a coñecer ademais os recursos e atractivos turísticos deste municipio. Esta iniciativa ábrese tamén á participación doutros artesáns de Galicia e de fóra da CCAA e a expositores de produtos de alimentación de calidade; todos eles precisan deste tipo de eventos para darse a coñecer e comercializar os seus produtos.

Na pasada edición o número total de postos foi de 94 dos cales 77 estiveron encadrados na sección de artesanía.


« Volver
Presentación | Descrición | Historia | Turismo | Servizos municipais | Novas | Axenda | Ocio | Empresas | Vivenda | Teléfonos | Buzón | Emprego | Listas | Inicio
Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .