> Actualidade

23/04/2013 16:00

> O CONCELLO DE OUTEIRO DE REI OFERTA UNHA FIN DE SEMANA MULTIAVENTURA PARA RAPAC@S

O Concello de Outeiro de Rei organiza por primeira vez unha fin de semana multiaventura en Viveiro para rapaces e rapazas de primeiro a cuarto de ESO ( nacidos nos anos 2000, 1999, 1998 é 1997).

Esta actividade desenvolverase os días 29 e 30 de xuño e 1 de xullo con saída ás 9:30 horas do pavillón de deportes municipal e regreso ás 21:00 horas.

Esta previsto que se realicen actividades ao aire libre de paint-ball, sup, tirolina, kaiak, tiro con arco, escalada etc. ademais de disfrutar da praia.
O custo é de 50 € por rapaz que se aboarán no momento da reserva; o prazo de inscrición estará aberto do 6 ao 31 de maio. Teñen preferencia os rapaces empadroados no municipio con respecto aos de fóra.



- DESCARGAR CARTEL


Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .