> Actualidade

23/04/2013 16:00

> PROXIMAMENTE O CONCELLO ABRIRÁ O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA OS CAMPAMENTOS URBANOS

O Concello de Outeiro de Rei abre o prazo de preinscrición para participar nos campamentos urbanos que se realizarán do 1 ao 5 de xullo para os nenos/as de 4 a 7 anos e do 8 ao 12 de xullo para os nenos/as de 8 a 13 anos.
O número de prazas que se ofertan é limitado (25 por campamento) polo que estas cubriranse por rigorosa orde de inscrición (terán preferencia os nenos empadroados no concello e os alumnos do colexio Laverde Ruiz con respecto aos de fóra).
O prazo para anotarse permanecerá aberto dende o 6 ao 31 de maio ou ata cubrir prazas; o custe é de 40 € por neno que deberán aboarse no momento de facer a reserva e sempre antes de rematar o prazo de inscrición.
Poden reservarse as prazas nas oficinas municipais da Casa da Cultura de 9:00 h a 14:30 h ou chamando ao 982 39 34 08.


- DESCARGAR CARTEL


« Volver
Presentación | Descrición | Historia | Turismo | Servizos municipais | Novas | Axenda | Ocio | Empresas | Vivenda | Teléfonos | Buzón | Emprego | Listas | Inicio
Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .