> Actualidade

15/04/2013 16:00

> ESTE DOMINGO VECIÑ@S DE OUTEIRO DE REI VISITARÁN Á FEIRA DO FERRO DE RIOTORTO.

Continuando co Programa de Actividades de Promoción da Muller que o Concello de Outeiro de Rei está levando a cabo no 2013, está previsto que o próximo domingo día 21 saía ás 10:00 h da Praza do Concello un autocar con destino á feira do ferro de Riotorto. Esta saída completarase coa visita ao mazo de Teixois en Taramundi.

Para poder participar nesta saída é necesario reservar praza na Casa da Cultura ou no tfno.: 982 393 408. A viaxe é gratuíta.

Igualmente, está aberto o prazo para anotarse no obradoiro de elaboración de conservas e marmeladas que está previsto se celebre os venres de maio e xuño en horario de 16:15 a 18:15 h.

Ambas actividades están abertas á participación de calquera persoa interesada..

« Volver
Presentación | Descrición | Historia | Turismo | Servizos municipais | Novas | Axenda | Ocio | Empresas | Vivenda | Teléfonos | Buzón | Emprego | Listas | Inicio
Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .