> Actualidade

25/03/2013 11:00

> O CONCELLO DE OUTEIRO DE REI SOLICITA COLABORACIÓN PARA A POSTA EN MARCHA DUN PROGRAMA MUNICIPAL DE VOLUNTARIADO XUVENIL

O Concello de Outeiro de Rei está estudando a posibilidade de poñer en marcha un programa municipal de voluntariado xuvenil.

Por tal motivo, aquelas persoas con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos que desexen colaborar co Concello, poderán recibir información sobre este tema e inscribirse no servizo de emprego e desenvolvemento local ata o 10/04/2013 (tfno. 982 393 382).

Posteriormente, sempre que exista un número suficiente de persoas interesadas, celebrarase unha reunión na que en función das posibilidades de cada persoa, determinarase o grao de participación e as posibles actuacións a desenvolver.

Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .