> Actualidade

08/03/2013 12:00

> O CONCELLO DE OUTEIRO DE REI ABRE O PRAZO DE SOLICITUDE DE ADMISIÓN NA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL

A partir do día 15 de marzo e ata o 30 de abril, ambas datas incluídas, estará aberto o prazo de solicitudes de admisión para o curso escolar 2013/2014 na Escola Infantil Municipal de Outeiro de Rei.

Durante este período de tempo os pais ou titores dos nenos/as que estean na actualidade matriculados no Centro deberán presentar a solicitude de reserva de praza, no caso de querer continuar na gardería no próximo curso.

Paralelamente, os pais ou titores de nenos/as que desexen acceder a este servizo no próximo curso escolar deberán presentar solicitude de inscrición.

Para ambos supostos hai  modelos normalizados que poden obterse na escola infantil, no Concello de Outeiro de Rei  e a través desta web municipal accédese aos impresos dende esta nova, tamén dende www.outeiroderei.org/taboleiroedictos.php ou pinchando  no banner que aparece na pantalla de inicio destinado á Escola Infantil Municipal.

SOLICITUDE DE INSCRICIÓN NA EIM DE OUTEIRO DE REI, CURSO 2013/2014

SOLICITUDE DE RESERVA DE PRAZA NA EIM DE OUTEIRO DE REI, CURSO 2013/2014



Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .