> Actualidade

25/01/2013 13:00

> O PRÓXIMO VENRES TERÁ LUGAR A PRESENTACIÓN DAS ACTIVIDADES DE PROMOCIÓN DA MULLER 2013

O venres día 1 de febreiro, o salón de actos da Casa da Cultura acollerá ás 17:00 h o acto de presentación das actividades programadas polo Concello de Outeiro de Rei para as mulleres do municipio; esta programación está aberta tamén á participación dos homes en varias das actividades previstas.

Despois, a partir aproximadamente das 17:20 h, aquelas persoas que así o desexen poderán inscribirse nas actividades previstas para o primeiro semestre do ano e que coma sempre serán cubertas por rigorosa orde de solicitude e tendo en conta que o día da presentación soamente se poderá anotar a alguén que non asista á mesma se quedan prazas dispoñibles na actividade solicitada.

O prazo de inscrición nas referidas actividades permanecerá aberto ata o día 22 de febreiro.

Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .