> Actualidade

22/01/2013 16:00

> O CONCELLO DE OUTEIRO DE REI REPARTIRÁ 1650 € EN PREMIOS O DOMINGO DE ENTROIDO ENTRE CATRO CATEGORÍAS: COMPARSA, PARELLAS, INDIVIDUAL E INFANTIL

Con motivo da celebración das festas de entroido 2013, o Concello organiza por décimo quinto ano consecutivo un CONCURSO DE DISFRACES.
A cita terá lugar o día 10 de febreiro (domingo de entroido) a partir das 17:00 h na Praza da Vila, baixo carpa cuberta e o evento estará amenizado polo trío Areal.
Xa están a disposición de todas as persoas interesadas as bases do concurso no apartado taboleiro de edictos desta web municipal e as follas de inscrición.
As persoas interesadas en participar poden inscribirse nas oficinas da Casa da Cultura de 9:00 h a 14:30 h durante a semana anterior e o propio día do concurso de 5 a 6 da tarde.

- SOLICITUDE DE INSCRICIÓN.
- CARTEL ANUNCIADOR.

Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .