> Actualidade

02/01/2013 17:00

> O CONCELLO DE OUTEIRO DE REI REPARTE ALIMENTOS ÁS FAMILIAS MÁIS NECESITADAS

A área de servizos sociais do Concello de Outeiro de Rei repartiu alimentos procedentes da iniciativa da ANPA do colexio Laverde Ruíz de Outeiro de Rei, que con motivo do Nadal propuxeron unha recollida de alimentos que doaron ao concello para ser repartidas entre as familias máis necesitadas do municipio.
A resposta recibida foi moi boa xuntando moitos alimentos, un total de 511 kg, que foron repartidos pola concelleira de servizos sociais e igualdade Mª José Martinez Vigo e a traballadora social da entidade o día 2 de xaneiro entre as 36 familias receptoras do programa de alimentos.




« Volver
Presentación | Descrición | Historia | Turismo | Servizos municipais | Novas | Axenda | Ocio | Empresas | Vivenda | Teléfonos | Buzón | Emprego | Listas | Inicio
Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .