> Actualidade

19/12/2012 16:00

> FESTA DE REIS EN OUTEIRO DE REI

O Concello de Outeiro de Rei, con motivo do Nadal, organiza para o día 5 de xaneiro no Pavillón do Colexio Público a FESTA DE REIS, que dará comezo ás 18:00 h. Nesta edición está prevista a actuación do mago RAFA e o seu remate, sobre as 19:00 h, unha merenda con roscóns, gominolas, turróns e outras lambetadas.

Posteriormente, sobre as 19:45 h terá lugar a Cabalgata de Reis; os pais que así o desexen poderán levar os regalos dos seus fillos á Casa da Cultura (xunto o Colexio) os días 2, 3 e 4 en horario de oficina e o mesmo día durante toda a tarde para que lles sexan entregados polos Reis na mencionada festa.

- Descarga o cartel


« Volver
Presentación | Descrición | Historia | Turismo | Servizos municipais | Novas | Axenda | Ocio | Empresas | Vivenda | Teléfonos | Buzón | Emprego | Listas | Inicio
Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .