> Actualidade

30/11/2012 11:00

> VINTECATRO PERSOAS PARTICIPAN NA XORNADA DE PROMOCIÓN DO COOPERATIVISMO

Este mércores tivo lugar unha xornada de divulgación do cooperativismo na que participaron un total de 24 persoas.

A xornada empezou ás 10.30 h co traslado das persoas participantes dende Outeiro de Rei ao Centro de Dinamización Social de Coeses onde persoal de Ugacota e integrantes da S. Coop. Moega realizaron sendas intervencións, informando sobre o cooperativismo e dando a coñecer a innovadora experiencia desta empresa de servizos sociais.

Durante a tarde visitouse a cooperativa Avega (Pontevedra); un dos socios, Alfonso Vence, guiou a visita a unha das granxas de pitas poñedeiras que a cooperativa ten e á fábrica de pensos, que é outra das actividades desta cooperativa. Ovos e pensos son de produción ecolóxica e segundo a información recibida, a produción existente na actualidade de ambos produtos non satisfai a demanda do mercado.

Esta acción foi organizada polo Concello de Outeiro de Rei e está financiada pola Consellería de Traballo e Benestar, xunto coa Mancomunidade da Terra Chá, solicitante da axuda, e o propio concello.

    

Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .