> Actualidade

09/11/2012 14:00

> O CONCELLO DE OUTEIRO DE REI PROMOVE O COOPERATIVISMO

O Concello de Outeiro de Rei organiza para o mércores 28 de novembro unha xornada de promoción do cooperativismo.

Trátase dunha actividade totalmente gratuíta que se desenvolverá a partir das 10:30 h e que inclúe unha charla coa que se pretende achegar información sobre o funcionamento das cooperativas, os requisitos para a súa constitución, as vantaxes e inconvenientes desta forma xurídica de empresa, as axudas existentes así como dar a coñecer novas experiencias cooperativas.

Ademais, durante a xornada visitaranse dúas cooperativas de traballo asociado:

Moega S.Coop. Galega , cooperativa de servizos sociais
Avega, S. Coop. Galega, cooperativa de produtos ecolóxicos que comercializa ovos, queixos e pensos.

As persoas que queiran recibir máis información ou realizar a inscrición poden facelo no Servizo de emprego e desenvolvemento local do Concello de Outeiro de Rei, tfno.: 982 393 382. O prazo de inscricións estará aberto ata o día 23 de novembro.
Esta acción está financiada pola Consellería de Traballo e Benestar, xunto coa Mancomunidade da Terra Chá, solicitante da axuda, e o propio Concello de Outeiro de Rei.

- Folleto de divulgación da xornada

« Volver
Presentación | Descrición | Historia | Turismo | Servizos municipais | Novas | Axenda | Ocio | Empresas | Vivenda | Teléfonos | Buzón | Emprego | Listas | Inicio
Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .