> Actualidade

19/10/2012 12:00

> O CONCELLO DE OUTEIRO DE REI PRESENTA AS ACTIVIDADES DE INVERNO

O venres día 26 deste mes, o alcalde do Concello de Outeiro de Rei, José Pardo Lombao, xunto coas concelleiras de cultura e de deportes, Begoña Seco Varela e Pilar Méndez Lombao e técnicos municipais, farán pública a oferta de actividades de inverno previstas para a temporada 2012/2013.
Este acto terá lugar ás 21:00 h no Salón de Actos da Casa da Cultura de Outeiro de Rei.

A partir da presentación, abrirase o prazo de inscrición nas diferentes actividades, prazo que permanecerá aberto ata o día 15 de novembro.
Posteriormente, terá lugar como en anos anteriores o tradicional magosto na pista polideportiva do centro educativo Laverde Ruíz, no que haberá tamén pinchos variados e ao que están convidados todos os veciños e veciñas que desexen asistir.

Descarga o cartel do Magosto 2012



« Volver
Presentación | Descrición | Historia | Turismo | Servizos municipais | Novas | Axenda | Ocio | Empresas | Vivenda | Teléfonos | Buzón | Emprego | Listas | Inicio
Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .